As corais de Ponteceso viviron o seu día grande de Entroido

Ponteceso celebrou o ‘XXV Certame de Corais’ coas actuacións das Corais Polifónicas Brisas do Mar de Corme, Santa Mariña de Ponteceso, San Salvador de Pazos e Oliveira do Monte Branco, no Edificio das Escolas.
No evento interpretaron maxistralmente «Alma corazón y vida de «Adrián Flores, “Foliada marmurada”, de Paulo Nogueira, “Ponteceso”, poema de Eduardo Pondal, arranxo de Jesús Couto ou “Terra de Bergantiños”, con letra de Pondal e música de Nico Matteo, entre outros.
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, e a concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela, clausuraron o evento e felicitaron aos máis de cen integrantes das catro corais por saber recompoñerse e saír con máis forza que nunca, como ave fénix, despois da pandemia que supuxo un momento moi difícil para a cultura.
No salón de actos da Trabe soou «Eu nacín na pequena Ponteceso», un fermoso poema de Pondal que as corais cantan cada vez que van a actuar aos certames de corais de toda a provincia co apoio da Deputación da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha