As criaturas de Mar de Fábula xa locen no CEIP O Areal de Camariñas

Mural O Areal_Concello de Camariñas

  • Doce voluntarios realizaron o mural durante xullo e agosto

Este martes inaugurouse o colorido mural de Mar de Fábula no CEIP O Areal de Camariñas. Doce voluntarios, adultos e nenos, foron os encargados de representar unhas «criaturas caóticas» no colexio por petición do propio Concello. O traballo realizouse durante os meses de xullo e agosto.