As Curandeiras de Vimianzo convocan unha marcha contra o párroco de Zas

Facebook As Curandeiras

  • Celebrarase este martes 31 de decembro coincidindo coa tradicional carreira de San Silvestre en Baio

O colectivo feminista “As Curandeiras” de Vimianzo convoca para este martes 31 unha marcha como protesta ante os comentarios que recibiron estes últimos días por parte do crego de Zas, Francisco Rafael Gómez-Canoura.

O acto tamén coincidirá coa tradicional carreira de San Silvestre en Baio, polo que convidan ós máis interesados a que se achegen ao Pavillón de Baio ás 16:00 horas para, posteriormente, percorrer a vila vestidas e vestidos de negro e cun fuciño de porco que entregarán persoalmente persoas da asociación.

Antecentes. A marcha convócase contras as palabras expresadas por Francisco Rafael Gómez-Canoura, párroco de Zas e Baio entre outros lugares, que fai varias semanas chamara “porcas” ás mulleres feministas a través da súa conta de Twitter que, posteriormente, eliminara debido ás represalias dos cidadáns.