A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, xurou o cargo este martes como nova deputada provincial no Pleno de constitución celebrado na sede deste estamento ás 12:00 horas. Estivo acompañada polos concelleiros Miguel Ángel Pérez, edil de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil terceiro tenente de alcaldesa e Manuel Pose, concelleiro de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostalería, ademais de pola súa nai e a súa irmá.
A concelleira Cristina Capelán, tamén xurou o cargo como deputada provincial para o mandato 2023-2027 no mesmo Pleno de constitución que a anterior. Acompañárona tanto o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, como o resto de compañeiras e compañeiros do equipo de Goberno.