O peche da práctica totalidade dos servizos e a freada de gran parte da actividade produtiva en sectores como a construción ou a industria deixan un retroceso histórico no primeiro trimestre do 3,8% na eurozona e do 3,5% para o conxunto da Unión Europea (UE). «Á vista da pandemia do coronavirus enfrontámonos, con todo, a un reto histórico enorme. A economía global e tamén a nosa economía nacional en Alemaña, se enfenta ao maior esborralle da nosa historia, esperamos a peor recesión desde a posguerra», manifestou o ministro alemán de Traballo, Hubertus Heil. Aínda é pronto para coñecer a magnitude do impacto, porque os datos do primeiro trimestre contabilizan unicamente unha parte do período de confinamento, a correspondente ao mes de marzo. Un só mes, suficiente para afundir a moitas economías. Francia que retrocede un 5,8% e Italia que cae un 4,7% entran oficialmente en recesión (tras dous trimestres consecutivos de crecemento negativo). España asina un descenso do 5,2%, o maior desde que existen estatísticas.