As Eiroas acollerá este Nadal o primeiro Campus TEC Escola Donato


As Escolas Luis Calvo Sanz e o Bergantiños FC colaboran coa organización do primeiro Campus TEC Escola Donato nas datas do Nadal.
A actividade de tecnificación, na que se combina formación con actividades lúdicas, está dirixida a todos os nenos e nenas de Carballo así como da contorna da comarca de Bergantiños.
O Campus TEC de Nadal Escola Donato levarase a cabo en dúas quendas, en horario de 09:30 a 14:30 horas de luns a venres. A primeira será do 23 ao 29 de decembro e a segunda quenda do 30 de decembro ao 5 de xaneiro. As e os interesados poderán participar nas dúas semanas do Campus e aplicaráselle un prezo reducido aos xogadores/as da Escola TEC Luis Cavo- Donato, do Bergantiños FC e das Escolas Luis Calvo Sanz. Tamén os alumnos e alumnas do CEIP Netoma de Razo e o CEIP Gerardo Diego de Caión poderán acollerse a este desconto.

Os participantes poderán elixir onde realizar o Campus TEC pois a actividade desenvolverase en dúas localizacións: nas propias instalacións do Estadio Municipal de As Eiroas e no pavillón do CEIP Netoma de Razo.

As prazas son limitadas e o prazo para realizar as inscricións xa está aberto. Para elo, deberán cubrir a solicitude que poden descargar das redes sociais oficiais do clube, así como tamén poden recoller a folla de inscrición na propia oficina de As Eiroas. As solicitudes para participar no Campus TEC Escola Donato tamén se deberán entregar na oficina das instalacións do campo de fútbol de As Eiroas.