A Real Federación Española de Fútbol informou ao Bergantiños que o partido da Copa do Rey ante o C.D. Tudelano disputarase no campo das Eiroas, en Carballo. Para chegar a esta decisión tivo un papel primordial o presidente da Real Federación Galega de Fútbol – Futgal, Rafael Louzán, que entendeu o importante que era para o conxunto carballés que o partido tivese lugar no seu propio campo e non ter que desprazarse a Abegondo ou ao Vero Boquete de Santiago.
O luns, o recinto de xogo acolleu a visita de representantes tanto de organismo federativo autonómico como nacional. A predisposición tanto do propio club como do Concello de Carballo tamén xogou de forma moi positiva para que finalmente adoptásese esa decisión.
A eliminatoria será o día 1
Ademais chegouse á decisión que a eliminatoria, que será a partido único, terá lugar o día 1 de decembro e o encontro comezará ás 18.30 horas no campo As Eiroas entre o Bergantiños FC e o C.D. Tudelano. O choque preséntase moi atractivo, posto que o conxunto de Tudela de Navarra milita na Primeira RFEF, pero está no último lugar, e o Bergantiños FC está na Segunda RFEF, pero, neste momento, está cuarto. É dicir, ambos os equipos con dúas dinámicas moi diferentes, que xogan a favor dos carballeses e ademais disputarán o partido no seu campo.
