As Eiroas renderá homenaxe este sábado ao porteiro Manuel Freire Muíño, (Charly)

Cedida.

  • Charly faleceu o 11 de agosto de 2020, aos 56 anos de idade, por mor dunha grave enfermidade que padecía desde facía algún tempo atrás.

Este sábado o estadio municipal de As Eiroas, en Carballo, renderá homenaxe a Manuel Freire Muíño -popularmente coñecido como Charly-. Charly era unha persoa moi querida e coñecida no seu barrio, o da Milagrosa, pero tamén en Carballo, Bergantiños e no mundo do fútbol. Na súa traxectoria como futbolista xogara como porteiro no Bergantiños e no Deportivo Carballo de veteranos.

Charly estaba solteiro e traballaba como electricista, unha terrible enfermidade cruzouse no seu camiño e faleceu moi novo, tan só tiña 56 anos cando o 11 de agosto de 2020 nos deixou para sempre. Tras a volta á “nova normalidade”, este sábado 16 de outubro varios compañeiros e entidades, coa colaboración de Carballo Deporte e o Concello de Carballo, únense na súa memoria coa celebración dun “Torneo Homenaxe” no campo municipal de As Eiroas a partir das 16:30 horas.

Na cita estarán presentes o Bergantiños FC, o Deportivo Carballo, o CF Razo e o Atlético Milagrosa. A entrada será gratuíta. O sorteo dos partidos será ás 16:30 horas, a primeira semifinal ás 17:00 horas, a segunda ás 18:00 horas e a final ás 19:horas.