As enquisas do 12X confirman continuísmo, coa incógnita da abstención no resultado

1 minutes read
  • BNG e PSdeG rexistran fortes ascensos que permitirían aos socialistas recuperar a segunda posición no Parlamento.

Esa é a tónica xeral das enquisas electorais realizadas durante o estado de alarma polo coronavirus para o Parlamento de Galicia que se renovará o 12 de xullo. Porén, a maioría tamén poñen en dúbida que os populares manteñan os seus actuais 41 escanos, tres por riba da maioría absoluta da Cámara, que está en 38. Máis alá dos resultados electorais que ofrecen as enquisas, estas deixan no aire a dúbida sobre a influencia que terá o coronavirus nas votacións. Non todas fixeron públicas as súas expectativas de participación ou abstención, e as que si as amosaron difiren entre elas.