As entidades deportivas e culturais da Laracha xa poden solicitar as axudas municipais

Concello de A Laracha_GOOGLE MAPS

  • As instancias poden presentarse ata o 17 de xullo

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou este xoves as bases da convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Esta liña de axudas ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas ou que se vaian levar a cabo ao longo do ano actual, desde o 1 de xaneiro ata o 3 de decembro.

Do mesmo xeito que nos anos precedentes, os catro apartados de actuacións subvencionables que se recollen na convocatoria corresponden á promoción de actividades educativas con actuacións culturais ou deportivas nos centros educativos públicos da localidade, a promoción da conservación e divulgación dos valores culturais, a promoción de actividades deportivas e a dos deportistas individuais. Neste último caso, o Concello apoiará cunha achega económica os gatos das viaxes ou a adquisición de material deportivo.

As entidades beneficiarias deben desenvolver a súa actividade no termo municipal da Laracha e carecer de fins de lucro. Aos deportistas individuais requíreselles estar empadroados no concello cunha antigüidade mínima de dous anos, dispoñer de licenza deportiva vixente, non realizar a súa actividade como parte dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma liña de axudas e participar en competicións de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

Estas subvencións municipais son compatibles coas convocadas por outros organismos. O prazo de solicitude de un mes permanecerá aberto ata o día 17 de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha