As Escolas Basket Xiria retomaron a súa actividade


Dentro dun ambiente festivo, pero cun protocolo esixente de medidas anti Covid-19,
os nen@s que pertencían ao club e os nen@s que se incorporaban este ano por primeira
vez, disfrutaron dunhas xornadas de xogos e adaptación, facendo deporte colectivo, cunha volta aos adestramentos de pouca esixencia física, pero rompendo pouco a pouco coa vida máis sedentaria.
A Escola Basket Xiria, ten aberto o prazo de inscripción para novos xogadores, e todos os pequenos desde o ano 2015 en adiante que estén interesados en apuntarse poden pasar polo pavillón do Parga Pondal a partir das 17:00 horas os luns, mércores ou venres ou chamar ao teléfono 607847925, onde serán informados.