As Escolas de Base do Fogar mobilizan o sábado 2 a 96 deportistas

1 minutes read

As Escolas de Natación e Tríatlon da AD.Fogar e as súas seccións nas localidades de Carballo e Oleiros voltan á carga este sábado con 96 deportistas en liza en dúas frontes competitivas.

En horario matinal 23 triatletas de base tomarán parte en Lugo no primeiro clasificatorio do Nada e Corre dos que 4 pertencen á categoría benxamín, 5 á alevín, 6 á infantil e 8 á cadete.

Xa en horario vespertino 73 nadadores das categorías prebenxamín (6 a 8 anos) e benxamín (9 a 11 anos) participarán na 2ª das 3 xornadas das que consta o Festival Comarcal de Iniciación á Competición de Natación que se organiza conxuntamente con Carballo Deporte desde o ano 2009. A proba disputarase na Piscina Municipal Carballo Calero desde as 16:00 horas e na mesma nadaranse as probas de 50 metros pés e 50 metros brazos nos estilos braza-crol e 25 e 50 metros crol en niveis de iniciación e dominio que dependen da idade e a destreza dos nadadores e nadadoras.

Carballo Deporte desde o ano 2009, disputarase na Piscina Municipal Carballo Calero desde as 16:00 horas e na mesma nadaranse as probas de 50 metros pés e 50 metros brazos nos estilos braza-crol e 25 e 50 metros crol en niveis de iniciación e dominio que dependen da idade e a destreza dos nadadores e nadadoras. Toda a información relativa a estes eventos pode consultarse no apartado descargas escola desta mesma web, ademais no documento anexo a esta noticia podedes atopar tamén a inscrición do Nada e Corre de Lugo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?