As Escolas de Verán Xiria están de volta un ano máis


O campamento celebrarase desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto nas instalacións do CEIP Fogar en horario de 10:00 a 14:00 horas. Como novidade nesta 29ª edición, contarán con servizo de madrugadores desde as 8:00 horas para favorecer a conciliación familiar. A temática deste verán estará orientada ó estilo vida saudable e ao coidado do medioambiente. As actividades que se van a desenvolver estarán adaptadas a cada rango de idade mesturando actividades deportivas e culturais, para que os máis pequenos da casa poidan desfrutar ao máximo destas vacacións.