As escolas deportivas de Laxe clausurarán este venres as súas actividades

1 minutes read

As escolas deportivas do concello de Laxe clausurarán a súa actividade este venres, día 2, aproveitando o fin de curso escolar. O evento celebrarase no pavillón municipal a partir das 18:00 horas. Levaranse a cabo exhibicións da escola de taekwondo e da escola de hóckey a patíns, onde tamén participará o club Lubiáns de Carballo. Posteriormente desenvolveranse varios partidos de pais e nais contra nenos e nenas. Primeiro disputarase un de fútbol sala e despois baloncesto e predeporte. Finalizarán a xornada varios grupos de patinaxe a través dunha exhibición. Ao remate da clausura terá lugar a entrega de diplomas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?