As escolas deportivas e culturais de Vimianzo estréanse con máis de 1.600 inscricións

Concello de Vimianzo

  • Patinaxe, palillo, pequemotricidade ou tiro con arco son algunhas das actividades estrela do programa ‘Actívate

Esta semana arrancou no concello de Vimianzo o programa Actívate onde destacan actividades culturais e deportivas como música contemporánea, patinaxe, palillo, tiro con arco, debuxo, gravado e pintura, pequemotricidade, multideporte e tamén formación para maiores.

Rexistráronse máis de 1.600 inscricións e cada persoa poderá gozar dun máximo de cinco actividades. O uso da máscara é obrigatorio, así como ter a man unha de reposto.