35
- Patinaxe, palillo, pequemotricidade ou tiro con arco son algunhas das actividades estrela do programa ‘Actívate‘
Esta semana arrancou no concello de Vimianzo o programa Actívate onde destacan actividades culturais e deportivas como música contemporánea, patinaxe, palillo, tiro con arco, debuxo, gravado e pintura, pequemotricidade, multideporte e tamén formación para maiores.
Rexistráronse máis de 1.600 inscricións e cada persoa poderá gozar dun máximo de cinco actividades. O uso da máscara é obrigatorio, así como ter a man unha de reposto.