A poboación foxe en masa dos incendios no Canadá. Un deles podería alcanzar a cidade de Yellowknife esta fin de semana, e ordenouse a evacuación dos seus 20.000 residentes. Na cidade noroccidental só hai unha autoestrada que se afaste do lume, polo que o tráfico é intenso. Moitos tentan saír en avión, pero as autoridades dan prioridade ás persoas con problemas de mobilidade ou de saúde. Esta é a maior evacuación da rexión deste ano e coincide coa peor tempada de incendios da historia do Canadá. Só desde xaneiro, as chamas consumiron uns 136.780 quilómetros cadrados de bosque. A día de hoxe, o país rexistra 1.052 incendios forestais activos dos que 668 están fóra de control. Só nos territorios do noroeste están activos 236 incendios forestais. Por primeira vez, Canadá tivo que pedir axuda á Unión Europea para o envío de efectivos axuden a extinguir os lumes. Bombeiros de España, Portugal e Francia, persoal especializado na extinción de incendios de México, Costa Rica, Brasil, Australia, Nova Zelandia e Estados Unidos foron despregados no país.
36