As exportacións españolas de mercadorías subiron un 28,3% no período xaneiro-febreiro de 2022 respecto ao mesmo período do ano anterior e alcanzaron os 56.521 millóns de euros, máximo histórico do período. Pola súa banda, as importacións aumentaron un 43,5% ata os 67.296 millóns de euros, tamén máximo histórico.
Como sinala a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez: «En febreiro continúan crecendo con gran forza as exportacións e as importacións. Destaca que o comercio está a crecer máis rápido en España que en moitas das principais economías da nosa contorna». Ademais, Méndez indica que «o déficit non enerxético é moderado, xa que se sitúa en menos de 626 millóns no último mes de febreiro e a cobertura sitúase no 98%». A taxa de cobertura – cociente entre exportacións e importacións- situouse no 84,0%. En termos de volume, as exportacións subiron un 11,1%, xa que os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario, aumentaron un 15,5%.
As importacións incrementáronse un 16,9%, pois os prezos ascenderon un 22,7%. O crecemento interanual das exportacións españolas entre xaneiro e febreiro (28,3%) foi superior ao de economías da nosa contorna, superior ao rexistrado en Francia (23,0%), Reino Unido (19,3%) e Alemaña (12,8%).
