As familias numerosas de Ponteceso xa poden solicitar a bonificación do IBI

PIXABAY

  • O prazo remata o 31 de marzo

Xa está aberto o prazo para que as familias numerosas do concello de Ponteceso soliciten a bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) da súa vivenda.

Entre a documentación que deberán presentar figuran as fotocopias do documento de propiedade da vivenda, do DNI do propietario e do título de familia numerosa. Tamén será necesario entregar o volante de empadroamento colectivo.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de marzo. Máis información no departamento de Educación Familiar chamando ao 881 983 223.