As festas de San Xoán da Coruña culminarán coa queima da falla, na que participará o Liceo


O Concello da Coruña está xa a despregar todos os preparativos para o día grande da programación das Festas de San Xoán, que culminará este xoves co gran espectáculo das fogueiras na praia de Riazor, a tradicional queima da falla na praia de Riazor e os concertos de Los Mecánicos e Miss Caffeina.

Estarán permitidas sardiñadas e churrascadas sen necesidade de comunicación previa a Seguridade Cidadá, sempre e cando non ocupen a calzada nin entorpezan a circulación de vehículos. Deberanse realizar entre as 13.00 e as 16.00 horas, e entre as 20.00 e as 00.00 horas.

Como novidade, o Concello da Coruña habilitará tres puntos violeta no Paseo Marítimo. Estarán na zona das Escravas, fronte á Coiraza e na fonte dos Surfeiros. Trátase de espazos seguros que lle ofrecen información á cidadanía en xeral e asesoramento e atención psicolóxica ás adolescentes e mulleres en materia de violencia machista, sobre todo aquelas relacionadas coa violencia sexual.