Neste momento facer festas en pisos pode saírlle moi caro aos estudantes en Santiago. O concello endurece as multas. 200 euros entre as dez e as doce da noite, 500 desde esa hora e ata as tres da mañá e a partir de aí 750 euros. Desde o inicio do curso a Policía Local interveu en 159 festas en pisos. Para os reincidentes as multas elévanse a 1.500 euros. Santiago multiplicou a incidencia de casos de covid desde o inicio do curso escolar. Sospeitase que pode ter que ver máis co ocio nocturno dos estudantes que coa actividade docente.