Nesta edición haberá tres categorías (alumnado de grao elemental, alumnado de 1º a 3º de grao profesional e alumnado de 4º a 6º de grao profesional) e dous premios por categoría: os primeiros de cada categoría actuarán como solistas cunha das agrupacións do CMUS no curso 2024-25, ademais de recibir un cheque-regalo por valor de 100 euros para trocar nunha tenda de música, e os segundos recibirán un vale de 50 euros, patrocinado pola ANPA.
O obxectivo do concurso é incentivar a motivación e as habilidades interpretativas do alumnado. Poden participar estudantes de 2º, 3º e 4º cursos de grao elemental ou de calquera curso de grao profesional.
O Concurso de Solistas consta de dúas fases: na primeira, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo, cada participante presentará o seu repertorio diante dun tribunal formado por profesorado do CMUS. Os/as estudantes que pasen ás finais actuarán o sábado 4 maio, nos seguintes horarios:
- 17:00 para 2⁰ a 4⁰ de Elemental
- 18:00 para 1⁰ a 3⁰ de Elemental
- 19:00 para 4⁰ a 6⁰ de Elemental
As actuacións celebraranse no auditorio do Pazo da Cultura ante un xurado.