A do persoal de terra de Lufthansa afectou este mércores a uns 130.000 pasaxeiros pola cancelación de case a totalidade dos operados nos aeroportos de Frankfurt e Múnic. Os clientes foran advertidos con antelación do paro para evitar que acudisen ás terminais.
En España, continúa a folga do persoal de cabina de Ryanair prevista agora ata xaneiro, con paros de 24 horas entre semana. Os sindicatos convocantes, USO e Sitcpla esixen a mellora das condicións laborais e a readmisión dos once traballadores despedidos polo paro. A empresa irlandesa nega unha gran incidencia apesar da cancelación de centos de voos.
E no Reino Unido só circulará este mércores o 20% dos trens polo paro duns 40.000 traballadores de catorce empresas ferroviarias e da compañía encargada da súa infraestrutura, Network Rail. Entre os seguidores da protesta atópanse limpadores, encargados da sinalización e mantemento e persoal de estación. As súas demandas abarcan a mellora de salarios e das condicións e seguridade laboral.