As fortes treboadas causan o caos en Ourense


As treboadas castigaron este domingo a cidade de Ourense cunha forza poucas veces vista. Caeron centos de lóstregos, choveu torrencialmente e mesmo caeu pedrazo. Árbores caídas, sillas voando, teitos arrancados e inundacións en varios puntos da cidade. As incidencias cóntanse por centos e os servizos de emerxencia víronse desbordados. Houbo varios accidentes e o tráfico na autovía viuse interrompido, O forte vendo, que tirou árbores e mobiliario urbano, levou tamén o teito de varias edificacións, como a do colexio dos Salesianos.