As forzas da orde tratan de localizar ao atracador dunha xoiería de Ordes

Coche Garda Civil

Un asaltante entrou a roubar este luns nunha coñecida xoiería do centro de Ordes. O home atacou á empregada do local con gas pementa e conseguiu fuxir do establecemento cun botín aínda sen cuantificar. A empregada da xoiería foi trasladada ao centro de saúde, pero atópase ben. Corpos e forzas de seguridade tratan de localizar ao asaltante, ao que poderían ter xa identificado, pero á fuga.