As forzas de seguridade extreman a vixilancia para evitar incumprimentos nas normas sanitarias

1 minutes read
Imagen de archivo de miembros de los cuerpos de seguridad del Estado

As forzas de seguridade extreman a vixilancia esta fin de semana en Galicia para evitar aglomeracións de persoas e incumprimentos nas normas de seguridade. Así se acordou nunha reunión de coordinación de seguridade presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e á que asistiron tamén por vía telemática o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, e representantes dos mandos policiais.
No encontro, subliñouse que nas denuncias presentadas polos concellos pequenos e medianos que tramita a Xunta, o botellón é a terceira causa máis común nas infraccións, por detrás de non levar a máscara e de fumar sen respectar as normas.
As decisións, como todas as que se toman en Galicia en relación coa pandemia, están avaladas polo comité clínico. “Ata agora demostrouse que era o camiño correcto”, indicou o vicepresidente primeiro, quen recalcou que as sancións eran sempre “o segundo paso” e apelou á responsabilidade individual, recordando que os botellóns están prohibidos e que as normas sanitarias impiden a concentración numerosa de persoas na rúa.