As fronteiras con Portugal estarán pechadas ata o 15 de xuño

A través dunha resolución do consello de ministros publicada no Diario da República, o goberno de Portugal prorroga o peche das fronteiras con España ata as 00.00 horas do 15 de xuño e manterá os controis impostos desde o 17 de marzo pola pandemia do coronavirus.

Desde o 17 de marzo, permitíase o tráfico de mercadorías, de traballadores transfronteirizos, e de cidadáns nacionais ou residentes que quixeran regresar ao seu país. Tamén no caso de persoal diplomático, reunións familiares en zonas limítrofes, acceso a coidados sanitarios xustificados e saída de estranxeiros que residiran noutros países da Unión Europea.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha