As Garzas | Entre os 11 novos 2 Soles Guía Repsol

Cedida.

As Garzas, Barizo, Malpica, unha empresa familiar con máis de 50 anos de experiencia no sector, supón unha invitación ao relaxamento e ao bo comer emprazada nun casarón que é pensión rústica de catro habitacións e restaurante asomado ao mar, protagonista dunha contorna natural espectacular na lendaria Costa da Morte. A oferta gastronómica, responsabilidade de Fernando Agrasar, permite optar por unha vertente tradicional e outra máis avanzada; en ocasións persegue a beleza cos seus empratados; mentres outras, non pode máis que mostrar a rotundidade e suculencia do produto.

A representación galega complétase con Casa Marcelo en Santiago, tamén con 2 Soles, e os coruñeses Nado, Auga e Sal, O Balado e O Camiño do Inglés, que se estrean cun Sol na Guía Repsol, xunto a Miguel González, en Ourense, e Loxe Mareiro, en Pontevedra. En total, Galicia suma 29 restaurantes premiados nesta edición.

‘As Garzas’, ‘Aürt’, ‘Cal Paradis’, ‘Casa Marcelo’, ‘Casa Pepa’, ‘Es Tragón’, ‘Hisop’, ‘Kappo’, ‘Kiro Sushi’, ‘ Saddle’ e ‘Saiti’. Estes son os once restaurantes que conseguen neste 2021 os 2 Soles Guía Repsol.