As vendas nas gasolineiras de Galicia caeron ata un 90 por cento, e isto ten consecuencias. Segundo a Federación Galega de Estacións de Servizo, seis gasolineiras tiveron que pechar na comunidade dende que se decretou a alarma, e moitas delas prescindiron de parte do seu persoal tras a caída da demanda de combustible. Os vendedores chegaron a pagar 37 dólares por barril para que llos quitasen de diante. Pero estas oscilacións tardarán en notarse en Europa, onde o prezo do petróleo non caeu tanto, ademais dos impostos que pagamos no combustible. Dende a Federación contan que os pozos de petróleo nos Estados Unidos seguen bombeando a pesar de que o país está paralizado polo coronavirus. O oferta de cru é tal que xa teñen dificultades para almacenalo.
36