As Lembranzas & Yoni Vidal | Mar do Norte


As Lembranzas e Yoni Vidal presentan “Mar do Norte ». Canción adicada ós traballadores e os amantes do mar de Galicia. Primeiro single do seu traballo “Gaëla” cd que está a punto de saír.

Merchi e Vanessa Tilve, son dúas irmás artistas de Pontevedra que cantan e compoñen. Yoni Vidal é un artista e compositor galego residente en Bélxica. Coñécense en Galicia no verán de 2018. Dende entón, colaboran entre Galicia e Bélxica creando este bonito traballo.