As Letras Galegas homenaxean a Florencio Delgado Gurriarán


Florencio Delgado Gurriarán, a maior parte da súa vida pasouna fora da súa terra, en México como exiliado. Alí casou, formou unha familia e participou activamente e como figura de cohesión en todos os proxectos dos galeguistas en México. Córgomo, en Valdeorras e México, dous espazos que marcaron a biografía de Florencio Delgado Gurriarán. No primeiro naceu en 1903 e alí pasou a súa infancia entre viñedos e bosques no seo dunha familia acomodada e moi vinculada á viticultura. Alí iníciase nas lecturas en galego e toma conciencia da lingua, que o leva a militar nos anos 30 do pasado século no Partido Galeguista e comeza a escribir. Delgado Gurriarán foxe da represión franquista e en 1939 no buque Ipanema parte dende Bordeos camiño de México, onde pasará o resto da súa vida. Casou con Celia, tivo cinco fillos e participou activamente nos proxectos socioculturais dos galeguistas exiliados: na revista Saudade, na de Vierios e no Padroado da Cultura Galega. E seguiría escribindo poemas, libros como Galicia infinda ou o Soño do guieiro. Volverá de visita tres veces a Valdeorras, a última en 1981, cando lle conceden a medalla de membro da Real Academia da Lingua Galega. En 1987 morrería na casa dunha das súas fillas en California e dous meses despois as súas cinzas retoman ao cemiterio de Córgomo, seguindo a súa última vontade.