As linguas cooficiais poderán falarse no Congreso desde o martes

1 minutes read

A Mesa do Congreso acordou cos votos da maioría progresista que as linguas cooficiais -catalán, eúscaro e galego- poidan utilizarse desde o pleno do próximo martes, 19 de setembro, no que se debaterá precisamente a proposición que reforma o Regulamento para a súa implantación definitiva, aínda que os letrados da Cámara advertiron da súa “dificil” implantanción. Ademais das linguas cooficiais que requirirán tradución simultánea de varios intérpretes, os deputados que o desexen poderán falar noutras linguas non oficiais, como o aragonés ou o bable, sempre que o propio parlamentario se autotraduzca utilizando o tempo de intervención. Desta forma ponse en marcha o uso no Congreso das linguas diferentes do castelán, que empezarán a escoitarse no pleno do martes 19, que comezará ás 12.00 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?