As lonxas de Fisterra e Camariñas xa dispoñen da plataforma tecnolóxica única

Foto.- Cedida.

A plataforma tecnolóxica única integra os sistemas de xestión, poxa, comercialización e emisión de notas de venda. Fisterra e Camariñas son das catorce primeiras lonxas nas que se completa a iniciativa Primare Lonxas 4.0 para a dixitalización das rulas, impulsada pola Amtega e a Consellería do Mar.

Desde o arranque da nova solución xestionáronse na plataforma máis de 38.000 lotes, que supuxeron mais de 1.330 toneladas de produtos do mar por un importe de venda superior aos 3,3 millóns de euros.

No 2020 está previsto continuar estendendo a implantación do sistema e continuar traballando no desenvolvemento de novas funcionalidades e na mellora das infraestruturas e equipamento tecnolóxico.