As luces de Nadal cobrarán vida en Vimianzo este venres

Cedida

  • Será na Praza do Concello ás 20:00 horas. Tamén se presentará a programación para estas festas

O Nadal chegará por todo o alto ao Concello de Vimianzo este venres, cando se procederá ao acendido das luces desta época na Praza do Concello. Será a partir das 20:00 horas e o goberno local aproveitará o acto para presentar a programación para estas festas que abranguerá desde cultura e deportes ata actividades para toda a familia, recuperando a tradicional Cabalgata de Reis se a situación epidemiolóxica o permite.

Desde o Concello sinalan que precisamente a organización deste calendario estará marcada polo contexto vixente, polo que «pode sufrir variacións en calquera momento se a incidencia da COVID-19 se incrementa, sempre en virtude da saúde da veciñanza», afirmou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha