- A alcaldesa, Sandra Ínsua, fixo fincapé na necesidade de aprender a convivir coa pandemia
O concello de Camariñas, ao igual que Carballo ou Vimianzo, xa comezou a instalar as luces de Nadal en varias parroquias. Haberá elementos decorativos nas rúas, prazas e espazos públicos do municipio para, como destacou a alcaldesa, Sandra Ínsua «poder desfrutar desta época de ilusión, a pesar da situación».
Ínsua fixo fincapé en que os veciños «temos que aprender a convivir coa pandemia» e seguir con esta tradición, pois o alumeado de Nadal é unha boa forma de «incentivar a economía local».
A concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, tamén secunda a idea de que “as luces sempre incentivan o consumo, neste caso no comercio e na hostalaría local, que son os sectores máis afectados” pero, ademais, destacou que «con todo o que está a pasar a xente este ano, é máis necesario ca nunca manter a ilusión polo Nadal dos máis pequenos, que son os que mellor se están portando”.