As luces led deixan un 30% menos de incidencias en Carballo

Concello de Carballo

  • Ao longo deste ano está prevista a substitución das últimas lámpadas de vapor de sodio

A empresa concesionaria do servizo de alumeado público en Carballo, Ferroser, atendeu o ano pasado 242 incidencias, un 30% menos das rexistradas anteriormente grazas á instalación das farolas led. Mentres que unha lámpada de vapor de sodio ten unha vida útil duns catros anos, as luces led poden durar entre dez e quince, polo que o “cambio das lámpadas é o principal factor redutor das incidencias”, sinalan desde a empresa.

Coas últimas substitucións das últimas farolas de vapor de sodio durante este ano, no 2022 o Concello poderá estar iluminado na súa totalidade con luces led.

Pero as incidencias no alumeado público tamén veñen dadas polas tormentas e curtocircuítos, polo que desde o Concello lembran a importancia comunicar calquera avaría que se detecte.

Ademais do mantemento e a conservación de máis de 8.000 puntos de luz, 200 cadros de mando e control e máis de 200 quilómetros de rede de alumeado público, o contrato con Ferroser inclúe a colaboración con distintos departamento na iluminación de todo tipo de actos ou mesmo da Casa do Concello, que esta semana está iluminada de cor morada.