Este luns 11 de setembro o coñecido locutor Frisco Taibo arrinca a nova tempada do seu programa matinal, será a número 19 de “As Mañás de Frisco” que se retransmite a través da FM en Nova Hit e para todo o mundo en www.novahit.net.
Mantén o formato habitual de radio fórmula musical onde hai cabida a entrevistas e participación dos oíntes.
O radio show segue sendo líder na súa zona de cobertura en radio musical e boa proba diso son os invitados que adoita ter en directo. Na pasada tempada pasáronse entre outros artistas: Los Secretos, Javier Andreu de La Frontera, Javier Ojeda de Danza Invisible, Funambulista, Soraya, Rosa López, Igloo, Miguel Costas, Seguridad Social, Marilia, Ptazeta, Xavier Font de Locomia, Flecha Valona, Los Rebeldes, Lorna, Jimmy Bad Boy, Nena Daconte…
“As Mañás de Frisco” programa candidato aos premios nacionais de radio, os Ondas, emítese de luns a venres en directo de 10 a 14 horas e está presentado e dirixido por Frisco Taibo un de radio djs mais respetados do país cunha traxectoria de tres décadas en radio musical e ademais tamén candidato aos Ondas pola súa traxectoria profesional.