‘As Mañás de Frisco’ cumpre 4.000 programas en directo

1 minutes read

O coñecido locutor coruñés Frisco Taibo alcanza a cifra de 4.000 programas de radio do seu morning show «As Mañás de Frisco», un programa en directo que comezaba alá polo ano 2.005 e que ao longo de todos estes anos segue sendo o matinal de radio fórmula musical máis escoitado na súa zona de influencia.

O espazo, cunha duración de 4 horas diarias, emítese na FM a través de Nova Hit e para todo o planeta a traves de http://www.novahit.net na franxa horaria de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ao longo destes 4.000 programas segue contando cunha numerosa audiencia máis que fiel e que vén a demostrar que a radio formula musical segue mais viva que nunca. Un programa onde se alternan as últimas novidades musicais, con clásicos inesquecibles, participación dos oíntes, entrevistas e onde sempre se transmite bo feeling e enerxía positiva.

Por este espazo radiofónico desfilaron numerosísimos artistas, desde Os Secretos, pasando por Rosa López, Carlos Núñez, Funambulista, Rafa Sánchez (La Unión), Selena Leo…… unha infinidade de nomes máis que coñecidos ao longo destes 17 anos.
Frisco Taibo vai camiño de cumprir as 3 décadas ininterrompidas na radio musical, presentou innumerables concertos de artistas como Maná, Antonio Orozco, Luís Fonsi, Mikel Erentxun, Coti, Bunbury, Ilegais, Sergio Dalma…., ademais o pasado ano foi candidato aos ONDAS, os Premios Nacionais da Radio.