‘As Mañás de Frisco’ cumpren a maioría de idade na radio

O vindeiro luns día 5 de setembro ás 10:00 horas o programa de radio «As Mañás de Frisco» alcanza a maioría de idade ao inaugurar a súa tempada 18 na franxa matinal da emisora NovaHit.

Un novo exercicio que toma a substitución da tempada 17 que foi unha das máis completas e por onde se pasaron ademais unha chea de invitados; artistas como Los Secretos, Ptazeta, Rosa López, Funambulista, Soraya Arnelas, Neno, TravisBirds, Rafa Sánchez da Unión, Selena Leo, Miguel Saez, La Pegatina, David Tavare, Juacko, Carlos Núñez, Vega, ou Nena Daconte, entre outros… Isto e moito máis pon de manifesto que o programa co paso dos anos fíxose como imprescindible dentro da radio formula musical.

Na nova tempada haberá como é habitual moita música, repasando os últimos éxitos sen esquecerse nunca dos clásicos, noticias musicais, presentacións exclusivas, saídas do programa ao exterior, participación dos oíntes, que a fin de conta son o máis importante, e pasaranse protagonistas musicais como é o caso de Miguel Costas, Juan Magán, Camela ou as xemelgas mexicanas Lle Twins que xa confirmaron que estarán en directo nesta edición.

O programa de 4 horas de duración esta presentado e dirixido polo coñecido radio dj coruñés Frisco Taibo que vai camiño das tres décadas na radio formula musical sendo un dos mais respectados a nivel nacional, posto de manifesto na súa candidatura aos premios ONDAS de 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha