As mariscadoras de Muros tamén se mobilizan contra os vertidos da mina de San Finx

Manifestación na alameda de Noia contra as verteduras de San Finx. (Foto: Plademar)

Hai moita preocupación no seo do mar de Muros. Todo o sector da ría de Muros e Noia está fortemente alarmado polo permiso de vertedura que a Xunta ten aprobado para a mina de volframio e estaño de San Finx, en Lousame. E as mariscadoras e os mariñeiros de baixura muradans tamén, como levan demostrando durante estes meses de mobilización.

Son as 74 mariscadoras as que elevan máis a voz na vila. Xa presentaron alegacións e non faltan ás mobilizacións. “Como sector preocúpanos moito se hai un vertido de metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, porque poden quedar depositados no mar e influir no noso produto”, recoñece a presidenta Adela Lestón, deixando claro que este todas sumaranse a manifestación de Santiago (en San Caetano a partir das 12:00h) para este sábado 29 de abril convocada pola Plataforma “Non á mina de San Finx, Si á Ría”.

”As mariscadoras non faltaremos, pero é un problema de toda a sociedade así que espero que vaia moita máis xente”, animou Lestón.

A Plataforma Comarcal contra os vertidos da Mina de San Finx vai ademais facilitar autobuses para todos os interesados en acudir á manifestación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha