As medidas de illamento permiten saír do fogar para doar

1 minutes read
  • Para evitar contaxios recomendan que ninguén acuda a doar sangue se nos últimos 15 días tivo febre, tose ou problemas respiratorios

A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADSO) sinala na súa páxina web que calquera persoa que desexe doar pode facelo, xa que é unha acción que permite salvar vidas.

Desde ADSO lembran á cidadanía que as unidades móbiles e os locais de doazón cumpren todos os requisitos normativos de seguridade sanitaria, e que os profesionais que atenden aos doantes reforzaron as medidas de hixiene e seguridade.

Para evitar contaxios recomendan que ninguén acuda a doar sangue se nos últimos 15 días tivo febre, tose ou problemas respiratorios. E lembran que a mellor forma de evitar o contaxio é a prevención, por iso instan á xente a que manteña unha distancia na sala de espera dun metro e que cando tusa utilice un pano desbotable ou o faga no interior do cóbado.

Máis información no 900 100 828 ou en ados.sergas.gal.