As medidas do plan anticrise do Goberno prorrogaranse ata o 31 de decembro


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou este venres que o plan anticrise que o Executivo aprobará este sábado nun Consello de Ministros extraordinario terá unha duración de seis meses, ata o 31 de decembro, e que incluirá axudas para as familias e os sectores máis afectados pola alza dos prezos, así como rebaixas “selectivas” de determinados impostos. Así o confirmou o xefe do Executivo na rolda de prensa posterior ao Consello Europeo, onde os Vinte e sete abordaron a crise enerxética e a desorbitada subida de prezos, entre outros asuntos. “O plan non terá unha duración de tres meses como o actual, senón que se estenderá ata o 31 de decembro”, sinalou.