As novas axudas á rehabilitación enerxética tamén se activan para segundas residencias

Foto.- Rafa Fariña.

A Xunta subliña que o novo programa a nivel de edificio, que se pode solicitar desde o pasado 17 de maio e ata o 30 de novembro, está aberto a subvencionar actuacións tanto en vivendas oficiais e permanentes como en segundas residencias. Así, propietarios e comunidades disporán de axudas de ata 38.750 euros para renovar fachadas e cubertas ou para cambiar equipos de calefacción e auga quente en vivendas e edificios cun aforro enerxético mínimo do 30%. Así o explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.