As novas instalacións de Inleit en Curtis van situar Galicia á vangarda da industria láctea 

1 minutes read

Esta nova planta permitirá desenvolver proxectos de I+D no eido lácteo desde a Comunidade que, ata agora, tiñan que realizarse no estranxeiro. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou que a nova planta de desenvolvemento de proteínas lácteas de Inleit en Curtis contribúe a impulsar a transformación do leite galego na propia comunidade. “Este é un gran proxecto e unha gran oportunidade. Temos unha materia prima de primeira calidade e o noso interese e que estas materias primas poidan transformarse aquí, con todo o valor engadido que isto supón”, indicou o presidente durante unha visita as novas instalacións. Nesta liña, lembrou que Galicia xa é unha potencia na produción de leite –“é a principal produtora de España e está entre as dez primeiras de Europa”, indicou-, pero que o obxectivo da Xunta é facer de Galicia un referente en todas as fases vencelladas ao sector lácteo: desde a recollida ata a transformación do leite e a comercialización final dos produtos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?