As obras da A-55 obrigan a cortar o tráfico entre Tui e A Guarda

1 minutes read

As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa autovía A-55 farán necesarios novos cortes de tráfico ao longo deste venres e vindeiro luns, como informou a Xunta. Trátase de continuar os traballos de ligazón do quilómetro 30 da A-55 para conectar coa futura vía de altas prestacións Tui-A Guarda.  Esta insfraestrutura precisará da execución da capa de rodaxe dos novos ramais e cuñas de incorporación e saída á autovía, sentido Tui-O Porriño, dende a glorieta elevada, na súa calzada esquerda, entre os quilómetros 30,1 e o 30,5. Nesta nova fase de intervención é preciso proceder a un corte total dos ramais de entrada e saída da calzada esquerda da A-55 e a posta en funcionamento do transfer do tronco da propia autovía, dando servizo ao tráfico pola calzada dereita.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?