As obras da estrada de Touriñán, máis preto de ser unha realidade

1 minutes read
  • A execución do proxecto, que suporá un total de 636.014,55 euros, está prevista durante este verán

O Concello de Muxía impulsará a mellora da estrada de Touriñán nun dos proxectos máis necesarios en materia de infraestruturas. A Autoridade Portuaria puxo a disposición da administración local a sinatura do convenio para establecer as ‘actuacións previas á mutación demanial’, segundo indica o propio documento.

O alcalde, Iago Toba, sinala que “será importantísimo para Muxía que un dos espazos con maior atractivo natural e paisaxístico estea ben conectado co noso núcleo urbano”.

A lonxitude da vía é de 11 quilómetros e 480 metros, cun ancho variable entre 4,25 metros e 9,00 metros aproximadamente. Ten comezo na estrada CP-2301, que discorre entre os municipios de Cee e Muxía.

En total, o proxecto suporá un total de 636.014,55 euros, e a súa execución está prevista durante este verán. O rexedor muxián apunta este proxecto como ‘indispensable nun dos puntos clave para a exaltación do noso patrimonio natural, sobre todo no contexto sanitario que estamos a vivir’.