O goberno provincial dá así luz verde de forma definitiva a un importante proxecto que permitirá anchear e mellorar a seguridade do vial ao seu paso polos núcleos de Goente e A Faeira, onde a plataforma será ampliada ata os 7 metros de ancho e arcéns de medio metro, o que contribuirá a mellorar a seguridade tanto da circulación coma dos peóns. Nos primeiros metros da estrada, onde a DP 1802 entronca coa estrada principal AC-664 que conecta Cabanas e As Pontes, executarase unha senda peonil elevada de dous metros de ancho que discorrerá pola marxe esquerda da calzada, coa que se pretende garantir a circulación dos veciños e viandantes en condicións de seguridade axeitadas. As obras, que contan cun orzamento de case 1,5 M€, incluirán tamén a construción dun sistema de drenaxe e recollida de pluviais, a completa renovación do pavimento da estrada e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.
27