As obras de abastecemento a Razo centraranse nos ramais para non afectar aos accesos á praia

Aínda que as repercusións dos traballos no tráfico son moi poucas, durante o mes de agosto deixarase de traballar na canalización ao longo da estrada provincial Carballo-Razo, para eliminar calquera posible incidencia nos accesos á praia. A rede principal está moi avanzada, xa que o equipo que traballa na obra está instalando unha media de 70 metros de tubaxes ao día e quedan, aproximadamente, uns 1.000 metros pendentes. O mes de agosto aproveitarase para executar os distintos ramais secundarios, e xa en setembro regresará a actividade á canalización principal e tamén se empezará a traballar no propio núcleo de Razo, segundo as previsións da empresa. O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Obras e Servizos, Luis Lamas, e Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata as obras, para ver como se van desenvolvendo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha