As obras de mellora enerxética dos xulgados de Noia comezarán en breve


O proxecto conta cun prazo de execución duns tres meses, no que se van retirar todas as carpinterías existentes, para a súa substitución por outras novas de castaño laminado e vidro illante. Tamén se vai reparar a porta de acceso principal e dúas das balconeiras existentes. A maiores, illarase e impermeabilizarase a cuberta, repararanse os parámetros interiores con humidades e substituiranse as actuais luminarias fluorescentes por outras LED de baixo consumo. Cómpre sinalar que a iniciativa se enmarca no Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Noia. Así o confirmou este venres no Parlamento o director xeral de Xustiza, José Tronchoni Albert.