As obras de reurbanización e mellora da accesibilidade urbana esténdense por Carballo

Obras na Avenida das Flores en Carballo_Cedida Concello

  • A rúa Luis Calvo permanecerá cortada desde as 14 horas deste xoves debido ao aglomerado da calzada

Carballo ten en marcha varias obras de reurbanización de rúas e de mellora da accesibilidade en distintos barrios urbanos, como sucede na Avenida das Flores, na rúa Campo da Feira, ou na Luis Calvo.

Precisamente nesta última procederase ao seu aglomerado este xoves, polo que a rúa permanecerá cortada desde as 14 horas hasta as 23 horas e desde o concello aconsellan aos condutores que vaian por rutas alternativas. A mellora desta avenida forma parte dun proxecto conxunto coa rúa Barcelona que, malia os retrasos, entra na súa recta final. O proxecto foi adxudicado é empresa Fonsán Gestión y Construcción por 363.399 euros.

Moi avanzados están tamén os traballos na rúa Campo da Feira, que completará toda a contorna do Fórum Carballo. A obra, executada pola empresa Excavaciones y Obras Candal cun orzamento de 229.438,25 euros, contará cunha beirarrúa de 1,80 metros de ancho que dará continuidade ao itinerario peonil das rúas lindeiras, zona de aparcamento e carril de circulación.

O alcadel, Evencio Ferrero, e o conselleiro de Obras, Luis Lamas, tamén se achegaron ata a avenida das Flores, cuxas obras están financiadas pola Deputación con 800.000 euros e están sendo executadas pola empresa Construcciones Cernadas. A obra afecta a máis de 500 metros de vía e actualmente atópase na na segunda fase.

Este ano tamén remataron as obras na rúa Concepción Arenal, que xa está aberta ao tráfico de novo, e en breve arrincarán as da rúa Bos Aires.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha